Longa Noite de Pedra, a próxima obra de Adrián Saavedra e Xudit Casas

O compositor Adrián Saavedra e a directora Xudit Casas volven a colaborar xuntos nun videoarte homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. A partir da canción Macareu de Saavedra, Casas elexiu imaxes gravadas en Celanova, co Mosteiro de San Salvador de fondo, onde o poeta celanovés se inspirara para escribir o seu famoso poema.

Sinatura do libro «Un grano de arena sí hace una montaña» en Celanova

O día 7 de agosto de 2021 terá lugar a sinatura do libro de relatos «Un grano de arena sí hace una montaña» na terraza de CasAberta en Celanova, en horario vermú, de 12 a 14h.

Dezanove relatos sobre situacións que nos poderían pasar a calquera pero onde un pequeno xesto fai que as historias non sexan doadas de predicir.

O libro pódese atopar na Librería Conde de Celanova.

Para máis información visite http://xuditcasas.es/libros/

Igualdade Celanova recoñece a Xudit Casas como unha das Celanovesas con historia

Igualdade Celanova, co motivo do Día da Muller de 2021, ven facendo unha primeira recolección de mulleres de Celanova a través do seu Facebook, no que inclue a directora de cinema entre outras, como é Carmen Tinoco, María Piedad Rivera ou Begoña Rodríguez.

«CELANOVESAS CON HISTORIA: Xudit Casas

Xudit Casas é unha veciña de 37 anos de Celanova. É unha muller polifacética e as súas profesións son moitas: directora de cinema, xornalista, editora, escritora novata, etc. Na actualidade tamén exerce como modelo de tallas grandes. Xudit vaise adaptando aos tempos e anteriormente tamén traballou como dependenta, camareira, limpadora, coidadora, técnica, coordinadora dun equipo de marketing e ata fixo de Papá Noel!

Viviu en Celanova ata os 17 anos que cambiou a residencia para estudar e logo por temas laborais. Tras preguntarlle que é para ela o mellor e o peor de ser muller recorda que de moza chegou a rexeitar dalgunha maneira o feito de ser muller. Non concebía a diferenza de trato recibido comparado cos seus compañeiros, en relación ao que se ensinaba dende a moralidade, a ética e as leis. Por ser muller sempre hai quen te trata como como un ser inferior. A parte positiva é estar socializadas lonxe da violencia, de poder chorar se nos cadra, de saber de coidados, cousas precisas para vivir nun mundo con máis liberdade colectiva. Opina que ser muller non é nada doado: é vivir alerta, con medo, coa presión social constante, entre outras moitas cousas moi desagradables. Xudit quere reivindica que as mulleres teñan mais tempo para ter tempo de ocio. Obrigouse a sí mesma fai pouco a estudar música e ten pendente retomar o teatro. Tamén xoga ao futbolín en Madrid, aínda que moitas veces é a única muller, polo que estar alí é mesmo unha cuestión política.O seu plan neste momento é sobrevivir que non é pouco. Agora mesmo anda a experimentar, investigar, estudar e a cavilar ata que chegue o seu seguinte pasiño.

Cree que se debe aprender a respetarse; valorar obxectivamente as súas capacidades e non infravalorarse; perde-lo medo a exporse publicamente; esixir un trato xusto e equitativo; aprender a ser sorora coas demais mulleres; acepta-lo seu corpo, etc.. por iso lle recomenda ás mozas de Celanova que intenten facer ese tipo de exercicios de reflexión. De tódolos xeitos se algunha moza ou muller precisa algo no que ela poida axudar, dentro das súas posibilidades, pode contactar con ela. Sempre botou en falta alguén que a aconsellara no seu eido. E sabe que, de primeiras, foi só por ser muller. Foi moi inxusto e frustrante para ela. Por iso é moi agradecida coa xente que a apoia, calquera pequeno apoio para ela é un mundo.Ten moitas canción favoritas pero agora mesmo ten en mente poder ver un concerto do grupo “Sacha na horta” cando a situación o permita.

#celanovesasconhistoria#Igualdadecelanova#PactoDeEstado#ministeriodeigualdad«

Eu e o galego | Día das Letras Galegas

Seica de pequena sabía falar pero non o facía por vergoña. Que lingua falaba? Non o sei. Na casa falábanme galego. Co tempo, eu falaba castelán. Supoño que foi cousa herdada no colexio.

Cos anos, recordo un día que intentei dicir unha frase en galego a unha amiga que sempre o falaba e fala, misturei demasiado castrapo e outra «amiga», moi ruín ela, mofouse moito de min. Vergoña de novo.

Sigue leyendo

As mulleres de Celanova | Listaxe

A raíz da exposición creada por Elisa López e da que escribimos en Exposición | As mulleres de Celanova, co permiso da creadora e do admirábel blog de Rosa María Cid Galante -a quenes queremos agradecer a existencia desta publicación-, pretendemos ampliar a listaxe e dar máis visibilidade ao valor das mulleres da nosa Comarca e arredores ou vencelladas a estas terras. Quero adicar esta publicación a tódalas mulleres de Celanova e veciñas destas terras, porque todas se merecen o noso respeto polo seu traballo, loitas, sufrimento, amor e coidados. Porque sen elas non habería Celanova e tampouco vida.

Obviamente, hai limitacións para coñecer a tódalas mulleres, pero queremos que estos nomes vaian crecendo co paso do tempo e animamos a que calquera que queira aportar a esta publicación deixe en comentarios as súas achegas. A listaxe seguirá unha orde alfabética. Para máis información os nomes terán enlaces, sempre que se atopen fontes de referencia.

Sigue leyendo

Dende Madrid… para Celanova

Sempre dicía na miña casa que se houbese unha apocalipse marcharía a Galicia de cabeza. «Alí hai de todo», dicía eu. Pero a realidade sempre supera á ficción. Este ano barallei varias escapadas a Celanova pero o tema do Coronavirus latexaba na miña mente. Son unha persoa catastrofista e tiña claro que non sería eu quen levara o bicho á miña Comarca ou provincia, sabendo ademais que Galicia é un territorio moi envellecido. Así que dende decembro non piso á miña terra nin vexo a miña xente.

Sigue leyendo

Presentación Amar en Libertad en Celanova

O 21 de decembro de 2019 presentouse o documental Amar en Libertad en Celanova, terra natal da directora Xudit Casas. O temporal deses días puxo moi difícil e complicada a proxección, mais o amor foi a resistencia. Presentado polo alcalde, Antonio Puga e a Concelleira de Igualdade, Teresa Barge, despoixa da proxección houbo un coloquio co público. Agradecer a todas as persoas que viñeron e as que nos acompañaron na distancia. O suplemento Vida de La Región de Ourense fíxose eco do evento e do homenaxe que lle fixeron á directora o rematar o coloquio.

AEL CELANOVA AMIC

Presentación do vídeo Nunca é tarde en Celanova

Presentación Nunca é tarde

O próximo venres, 15 de novembro, terá lugar o acto de presentación do vídeo Nunca é tarde, interpretado por Luisa Merelas e dirixido por Xudit Casas. O traballo procura mostrar a violencia de xénero nas mulleres maiores do mundo rural.

O acto terá lugar no Auditorio Ilduara de Celanova cun coloquio posterior que contará coa directora, Xudit Casas; a avogada Fátima Salgado; a Secretaria de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella; o subdirector de Agader, Javier Blanco; e o subdelegado do Goberno, Emilio González.

O vídeo é unha iniciativa enmarcada dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Iniciativa do GDR Limia-Arnoia e Convenio coa Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, xestionada a través de Red Talento Consultoras.