Verbas do cineasta Plácido Romero

Onte a noite recibín no meu muro de Facebook, e por sorpresa, un escrito de Plácido Romero. Hai verbas que chegan cando o precisas e convértense nun pulo para seguir adiante.

Plácido é cineasta e foi mestre meu no Instituto de Celanova. Daquelas organizou un obradoiro de vídeo onde descubrín a linguaxe audiovisual como tal. El foi o responsable de que me namorara desta forma de expresión que é o cinema.

Non teño palabras para describir o que sentín ao ler estas verbas. Coñecendo a Plácido -e como el mesmo me confirmou despoixa- seguro que as escribiu precipitadamente, con nocturnidade e sen pulir. Só podo dicir que a admiración é mutua, que sigo aprendendo del e que lle estou moi agradecida por todo. Agás -e permítanme a brincadeira para rematar cun pouco de retranca- o da curta «Humanos?» do que deixo un fotograma e que el mesmo explica no escrito. Grazas, mestre!

Screenshot_20191219-121556.jpg

«Independentemente do que pense en privado non me atrevo a situar nun ranking a figura de Xudit Casas dentro de ese inquedo e burbulleante mundo do cinema do que Celanova débese sentir orgullosa. E iso é porque non coñezo todo o que se produce por esa heteroxénea e misteriosa panda. Pero si podo comprometerme en asegurar que ocupa un dos postos máis altos. E sendo muller iso é moito máis que admirable.
E gostaríame presumir de que fíxo o seu primeiro traballo audiovisual cando eu levaba unha actividade extraescolar audiovisual no Instituto de Celanova. Pero sería unha impostura porque conmigo non aprendeu nada. Xa viña aprendida e posiblemente sen sabelo. Traía unha enorme inquietude creativa e unha gran seguridade en sí mesma. Confeso que nalgún momento puido xurdir unha certa tensión entre nós. Porque naquel momento non soupen valorar xustamente todo o que en estado embrionario xa mostraba “Humanos?” e a súa xestación. Porque xa, en efecto, as dúas cualidades que máis admiro na súa obra son resultado dunha imponente vocación profesional. O perfeccionismo formal, en todas as súas dimensións é unha delas. Parece que quere controlar ela mesma todo o que acapara un plano, todos os seus elementos, o continente e o contido, unha onda do mar sobre a praia ou a colocación dunha copa de viño sobre unha mesa. A cor, a composición, a luz, a duración, o tamaño… E todo dun xeito minucioso. A música sempre é un elemento complementario pero significativo. A expresión dos seus persoaxes, animados ou inanimados, e nítida, limpa, clara. A linguaxe audiovisual non deixa o mínimo requicio a tosquedade e a impureza. A segunda, e para min a mais importante é a súa valentía, o seu compromiso e a súa honradez. Si, sei que os temas sociais teñen presencia abondosa nos filmes de autor. E iso é algo que debemos defender porque se perdemos esta batalla significa que perdimos xa outras e outras guerras. Pero o que distingue a Xudit e ese culto intrínseco pola liberdade axiomática, en términos precisos, que destilan as súas pezas. Unha liberdade intensamente sentida, vigorosa, porque esa é a súa ambición.
Xa tratou o tema do amor en outros traballos, dos que non lembro agora os títulos, pero sí lembro o seu contido, o resabio e a inquietude que me deixaron. Eu quería facer ese tipo de obras. E non sei se cheguei a decirllo “Amar en liberdade” pode non encaixar canónicamente nos trazos que acabo de esbozar porque un documental ten que deixar paso o azar, a espontaneidade, a libre expresión dos seus personaxes, ó imprevisto, que ás veces é o que lle da máis valor. Pero os planteamentos básicos da directora en canto ó seu contido están novamente inalterados. Rigor, audacia, valentía ó servizo da idea da liberdade. E, insisto, non nos confundamos, de esa liberdade que nos permite coñecer, opinar e comprender os comportamentos humanos por heterodoxos que sexan. Podemos concordar cos testemuños que se expoñen. Podemos contradecilos. Podemos sentirnos turbados e confusos ou felices por coñecelos. Temos un montón de oportunidades. O que Xudit non nos da autorización é a condenalos. Non porque o que está aquí en xogo son opcións vitais, personais, dos seus protagonistas. De xente que reflexionou, practicou ou estudiou o tema. Que aínda que inicialmente non o pareza é honesta e xenerosa. De máis xenerosidade que a que practicamos os que nos movemos en contextos máis tradicionais. O público maioritario quizais se sorprenda do que vai ver. Teremos que abrir a nosa mente e o noso corazón, esquecer prexuízos e dogmas. E temos que exercitar o noso respeto por eles e polo que en esencia representan: un espazo de liberdade ós que nunca deberemos de renunciar, sobre todo agora que, máis que nunca, é cando a sociedade precisa da nosa rebeldía. A miña máis profunda admiración por Xudit.»

Plácido Romero Bernardo

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s