
Cinema
Xudit Casas na reportaxe «Un cineasta por cada mil celanoveses» de Telemiño
Proxección e coloquio de Amar en Liberad en Ourense

O mércores, 12 de agosto de 2020, terá lugar a proxección de Amar en Libertad en Ourense. O acto celebrarase en El Pueblo Café Cultural, ás 20:30h e logo haberá un coloquio coa directora e xornalista, Xudit Casas.
Entrada de balde ata completar capacidade. A actividade levarase a cabo con tódalas medidas de seguranza que o local xa adoita a ter implementadas. O uso da máscara e xel serán obrigatorios para o acceso. Haberá persoal no acceso á sala que axude a que as medidas de distancia e seguranza sexan respectadas, mais aludimos ó propio senso de responsabilidade por respecto a tódalas persoas asistentes.
Para máis información sobre o documental visite www.amarenliberad.es
Verbas do cineasta Plácido Romero
Onte a noite recibín no meu muro de Facebook, e por sorpresa, un escrito de Plácido Romero. Hai verbas que chegan cando o precisas e convértense nun pulo para seguir adiante.
Celanova, plató de cinema
Celanova, anque chamada Terra de Poetas, destaca tamén polo número de cineastas e profesionais do audiovisual da localidade. É por esta razón pola que Celanova xa se ten convertido en moreas de ocasións nun plató de cinema, mais tamén para cineastas de fóra, como a recoñecida Isabel Coixet.