Igualdade Celanova, co motivo do Día da Muller de 2021, ven facendo unha primeira recolección de mulleres de Celanova a través do seu Facebook, no que inclue a directora de cinema entre outras, como é Carmen Tinoco, María Piedad Rivera ou Begoña Rodríguez.
«CELANOVESAS CON HISTORIA: Xudit Casas
Xudit Casas é unha veciña de 37 anos de Celanova. É unha muller polifacética e as súas profesións son moitas: directora de cinema, xornalista, editora, escritora novata, etc. Na actualidade tamén exerce como modelo de tallas grandes. Xudit vaise adaptando aos tempos e anteriormente tamén traballou como dependenta, camareira, limpadora, coidadora, técnica, coordinadora dun equipo de marketing e ata fixo de Papá Noel!
Viviu en Celanova ata os 17 anos que cambiou a residencia para estudar e logo por temas laborais. Tras preguntarlle que é para ela o mellor e o peor de ser muller recorda que de moza chegou a rexeitar dalgunha maneira o feito de ser muller. Non concebía a diferenza de trato recibido comparado cos seus compañeiros, en relación ao que se ensinaba dende a moralidade, a ética e as leis. Por ser muller sempre hai quen te trata como como un ser inferior. A parte positiva é estar socializadas lonxe da violencia, de poder chorar se nos cadra, de saber de coidados, cousas precisas para vivir nun mundo con máis liberdade colectiva. Opina que ser muller non é nada doado: é vivir alerta, con medo, coa presión social constante, entre outras moitas cousas moi desagradables. Xudit quere reivindica que as mulleres teñan mais tempo para ter tempo de ocio. Obrigouse a sí mesma fai pouco a estudar música e ten pendente retomar o teatro. Tamén xoga ao futbolín en Madrid, aínda que moitas veces é a única muller, polo que estar alí é mesmo unha cuestión política.O seu plan neste momento é sobrevivir que non é pouco. Agora mesmo anda a experimentar, investigar, estudar e a cavilar ata que chegue o seu seguinte pasiño.
Cree que se debe aprender a respetarse; valorar obxectivamente as súas capacidades e non infravalorarse; perde-lo medo a exporse publicamente; esixir un trato xusto e equitativo; aprender a ser sorora coas demais mulleres; acepta-lo seu corpo, etc.. por iso lle recomenda ás mozas de Celanova que intenten facer ese tipo de exercicios de reflexión. De tódolos xeitos se algunha moza ou muller precisa algo no que ela poida axudar, dentro das súas posibilidades, pode contactar con ela. Sempre botou en falta alguén que a aconsellara no seu eido. E sabe que, de primeiras, foi só por ser muller. Foi moi inxusto e frustrante para ela. Por iso é moi agradecida coa xente que a apoia, calquera pequeno apoio para ela é un mundo.Ten moitas canción favoritas pero agora mesmo ten en mente poder ver un concerto do grupo “Sacha na horta” cando a situación o permita.
#celanovesasconhistoria#Igualdadecelanova#PactoDeEstado#ministeriodeigualdad«