Xudit Casas nominada na categoría Homenaxe nos Premios Rebulir da Cultura Galega 2020

A directora de cinema, Xudit Casas, está nominada na categoría Homenaxe aos Premios Rebulir da Cultura Galega 2020. Comparte nominación coa Banda De Música de Vilanova Dos Infantes, Carlos Miguez, Xoan Carlos Dominguez Alberte, O Rella (a título póstumo) e Xose Luis Méndez Ferrín.

Na categoría Música Galega os e as nomeadas son Tanxungueiras, Pili Pampin, Traspés, ACF O Fiadeiro, Cantigas e Agarimos, A Ponte Vella, Xabier Díaz, A.C. Os Abrentes de Cerdedo, Rolle, Proxecto Arredores, Mercedes Peón, Javier Feijoo, Xisco e Sabela Ramil.

Na categoría Artes Escénicas os e as nomeadas son Mela Casal, Celso Fernández Sanmartín, Roberto Vilar, Fina Calleja, Mabel Rivera, Rodrigo Vázquez, Sergio Pazos, Sabela Arán.

Nos vindeiros meses reunirase o xurado que determinará a quen se lle conceden os galardóns na súa edición 2020.

Agradecer a quen ou a quenes propuxeron a Casas como candidata e felicitar as persoas nominadas e a Asociación Rebulir polo seu traballo en prol da cultura tradicional.

Artigo «O importante é participar»

O xornalista Xermán Hermida analiza a relación entre o cinema e o medio rural e escribe o artigo «O importante é participar», publicado no portal de Cultura Galega, onde constata que «a participación popular marca moitas das produccións». Neste artigo pon de exemplo o documental «Rodando en Celanova. Experiencias», que a directora de cinema, Xudit Casas, realizou para o II Congreso Internacional sobre Educación e Socialización do Patrimonio no Medio Rural (SoPA) realizado en setembro de 2014 en Celanova, Ourense.

Sigue leyendo