As mulleres de Celanova | Listaxe

A raíz da exposición creada por Elisa López e da que escribimos en Exposición | As mulleres de Celanova, co permiso da creadora e do admirábel blog de Rosa María Cid Galante -a quenes queremos agradecer a existencia esta publicación-, pretendemos ampliar a listaxe e dar máis visibilidade ao valor das mulleres da nosa Comarca e arredores ou vencelladas a estas terras. Quero adicar esta publicación a tódalas mulleres de Celanova e veciñas destas terras, porque todas se merecen o noso respeto polo seu traballo, loitas, sufrimento, amor e coidados. Porque sen elas non habería Celanova e, tampouco vida.

Obviamente, hai limitacións para coñecer a tódalas mulleres, pero queremos que estos nomes vaian crecendo co paso do tempo e animamos a que calquera que queira aportar a esta publicación deixe en comentarios as súas achegas. A listaxe seguirá unha orde alfabética. Para máis información os nomes terán enlaces, sempre que se atopen fontes de referencia.

Sigue leyendo

Presentación Amar en Libertad en Celanova

O 21 de decembro de 2019 presentouse o documental Amar en Libertad en Celanova, terra natal da directora Xudit Casas. O temporal deses días puxo moi difícil e complicada a proxección, mais o amor foi a resistencia. Presentado polo alcalde, Antonio Puga e a Concelleira de Igualdade, Teresa Barge, despoixa da proxección houbo un coloquio co público. Agradecer a todas as persoas que viñeron e as que nos acompañaron na distancia. O suplemento Vida de La Región de Ourense fíxose eco do evento e do homenaxe que lle fixeron á directora o rematar o coloquio.

AEL CELANOVA AMIC

Exposición | As mulleres de Celanova

Durante o mes de marzo poderase ver “As mulleres de Celanova”, unha exposición organizada por Elisa López, a responsable da Biblioteca Municipal de Celanova. A humilde iniciativa recolle a máis de trinta mulleres da zona como a primeira gaiteira galega, Áurea Rodríguez, a fotógrafa Cristina A. Pontanilla ou a cineasta Xudit Casas.

Sigue leyendo

Celanova, plató de cinema

Celanova, anque chamada Terra de Poetas, destaca tamén polo número de cineastas e profesionais do audiovisual da localidade. É por esta razón pola que Celanova xa se ten convertido en moreas de ocasións nun plató de cinema, mais tamén para cineastas de fóra, como a recoñecida Isabel Coixet.

El bosque del lobo_Celanova
Placa situada na Rúa Emilia Pardo Bazán coa Praza Maior de Celanova.

Sigue leyendo

Celanova polo mundo | Mapa

Un día nas Canarias, Edu Conde, amigo e tamén veciño de Celanova ensinounos un edificio que levaba o nome da nosa terra natal. Fai anos que non resido alí e, cando estás fóra, cousas como estas fanche especial ilusión. Saqueille unha fotografía de recordo, pero tamén unha idea para levar a cabo, que huxe fago pública e que non ten máis finalidade que a propia curiosidade.

Edificio Celanova_SC de Tenerife_Xudit Casas
Edificio Celanova en Santa Cruz de Tenerife

Este proxecto nace para saber como se espallou o nome de Celanova polo mundo adiante: rúas, empresas, edificios, etc. Penso xusto neste edificio de Santa Cruz de Tenerife e pregúntome quen hai detrás, por que lle puxo ese nome e outras cousas produto da morriña. Se eres de Celanova, descubre no mapa ata onde chega o nome da nosa vila no mundo.

Se sabes de máis sitios e/ou tes fotos deses lugares non dubides en compartilo no correo ladirectoradecine@gmail.com ou nos comentarios desta entrada. Irei actualizando e ampliando a información pouco a pouco neste mapa.