Conxuro da Queimada | Versión feminista

Queimada feminista Celanova

Por mor do solsticio do vrau do 2018, a miña compañeira Patricia “Galo” Gómez* e mais eu decidimos levar a cabo algo ao que lle dábamos moitas voltas cada vez que facíamos unha queimada: eliminar certo sesgo machista do conxuro que tantas veces recitamos lonxe da nosa terriña.

A autoría do conxuro é de Mariano Marcos Abalo e datado de 1967, non é a nosa intención amolar a ninguén, soamente queremos adaptalo aos novos tempos e non ter que pronunciar, endexamáis, o da barriga da muller solteira.

Dende eiquí queremos reivindicar o seguinte:

  • Lembrar que o Conxuro é máis efectivo o día do Solsticio.
  • Reclamar ás meigas, mulleres sabias e infravaloradas da cultura galega e rexeitar a connotación negativa que se ten delas, porque habelas, moi boas, hailas.

O conxuro foi retocado inicialmente por Patricia Galo e recitado pola miña persoa ante unhas duascentas persoas en Vilanova das Infantas o día 23 de xuño de 2018, no San Xoán organizado polo Teleclube desta localidade. A versión, que eiquí presentamos, está máis actualizada e non descartamos cambios posteriores.

CONXURO DA QUEIMADA | VERSIÓN FEMINISTA

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.

Demos, trasgos e diaños,

espiritos das nevoadas veigas.

Corvos, pintigas e meigas,

feitizos das menciñeiras.

Podres cañotas furadas,

fogar dos vermes e alimañas

lume das santas compañas.

Mal de ollo, negros meigallos, cheiro da morte, tronos e raios.

Ouveo do can, pregón da morte, fuciño do sátiro e pé do coello.

Pecadora lingua que ten vergoña de falar galego.

Averno interior de cada un,

lume dos cadáveres ardentes,

corpos mutilados das decentes,

inxuria dos poderosos cus,

muxido da mar embravescida.

Barriga valente da muller solteira,

falar dos gatos que andan á xaneira,

guedella porca da cabra ben parida.

Con este fol, levantarei as chamas

deste lume que asemella ó do inferno,

e virán as meigas a cabalo das súas vasoiras,

índose bañar na praia das areas gordas,

¡Oíde! ¡Oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse

no augoardente,

quedando así purificadas.

E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas,

quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento.

Forzas do Ar, Terra, Mar e Lume

¡A vós fago esta chamada!

Si é verdade que tedes máis poder que a humana xente,

eiquí e agora,

facede que os espiritos das amizades que estean fora:

¡Participen con nós desta Queimada!

 


* O alcume “Galo” da celanovesa Patricia Gómez ven da Taberna do Galo pertencente a súa familia, concretamente da súa avoa Concepción Rojo Pérez e avó Manuel Gómez Álvarez, e que lle da título ao famoso libro de Celso Emilio Ferreiro, A Taberna do Galo. Noutra ocasión contaremos unha anécdota sobre este libro e a súa sona.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s