Celanova, anque chamada Terra de Poetas, destaca tamén polo número de cineastas e profesionais do audiovisual da localidade. É por esta razón pola que Celanova xa se ten convertido en moreas de ocasións nun plató de cinema, mais tamén para cineastas de fóra, como a recoñecida Isabel Coixet.

Nesta publicación faise unha achega as obras gravadas en Celanova ou arredores por orde cronolóxico:
- GALICIA (FINISTERRE) (Carlos Velo, 1936)
Carlos Velo gravou en Cartelle e Finisterre (A Coruña), entre outras localizacións.
- EL BOSQUE DEL LOBO (Pedro Olea, 1971)
A longametraxe protagonizada por José Luis López Vázquez gravouse en Santa Baia en A Bola e en Celanova, entre outras localizacións galegas.
- CARTA DE ESPAÑA (Rioji Yoshida, 1991)
Parte do filme rodouse en Vilanova das Infantas.
- SOS PATRIMONIO (Plácido Romero & IES Celanova)
Obra de carácter didáctico.
- COMO AUGA NUNHA CESTA (Plácido Romero & IES Celanova)
Obra de carácter didáctico.
- O REGATO DE SAMPIL (Plácido Romero & IES Celanova)
Reportaxe sobre a actuación do Instituto de Celanova en Sampil.
- ESTAMPAS MÁXICAS (Plácido Romero & IES Celanova)
Sobre unha exposición de Baldomero Moreiras, un exercicio entre a pintura e a poesía.
- A ILE EN CELANOVA (Plácido Romero & IES Celanova)
Obra de carácter didáctico.
- SANSEDO (Plácido Romero & IES Celanova)
Sobre o ceramista Sansedo que realizou unha exposición no claustro sobre a Galicia enxebre, obra que quedou sen sen sonorizar.
- MORTAL KOMBAT IN VILANOVA (Juan Hervella-Rego, 1994)
Vilanova é un pobo moi recurrido para o audiovisual da zona.
- UNHA DE CALLOS (Plácido Romero, Milucho Romero & IES Celanova, 1997)
Curtametraxe realizada no IES Celanova, sito no Mosteiro de San Salvador e na Praza Maior.
- O INGLÉS (Plácido Romero & IES Celanova, 1999)
A adaptación do conto homónimo de Castelao realizado no Instituto de Celanova.
- ¿HUMANOS? (Xudit Casas & IES Celanova, 1999)
Varios emprazamentos da vila saen nesta curta: o Insituto, a biblioteca do mesmo, o parque, a alameda e o camposanto.
- RAMO (Xudit Casas, 2005)
Gravado en Fechas.
- NADA ES LO QUE PARECE (Bruno Nieto, 2007)
Posiblemente a primeira ciberserie galega, gravada entre Vilanova e a veciña Bande.
- NOUTRORA (Xudit Casas, 2007)
Creado durante a I CeLANova Party que tivo lugar no Mosteiro, esta obra foi en Cerdal, Sorga, Celanova e O Furriolo.
- GALICIA CANÍBAL (Xudit Casas, 2008)
Neste caso Soutomel é onde ten lugar esta curta de corte antropolóxico.
- SOBRE A MORTE DO BIEITO (Xudit Casas, 2009)
Gravado en Fechas e no Santuario da Armada.
- MAKING OF SOBRE A MORTE DO BIEITO (Patricia Prieto, 2009)
Gravado en Fechas e no Santuario da Armada.
- NOUTURNIO DE CELANOVA (Raúl García, 2009)
Anque neste caso falamos de animación, esta obra baseada no poema de Curros Enríquez destaca pola súa recreación da fachada do Mosteiro, entre outras localizacións da vila.
- SECUESTRADOS (Bruno Nieto, 2010)
Webserie gravada en Vilanova e Celanova.
- 100% CEF (Aser Álvarez, 2012)
Filme documental sobre Celso Emilio Ferreiro onde non pode faltar Celanova, a súa vila natal, mais tamén se gravou noutros lugares galegos e Asturias.
- MAKING OF 100% CEF (Plácido Romero, 2012)
Realizado entre Celanova e Santiago.
- AÑOS DESPUÉS (Laura Galdós Velo, 2012)
Gravouse en Ourense, pero tamén en Cartelle.
- TERCERA OPORTUNIDAD (Xudit Casas, 2012)
A acción principal ten lugar nos baixos da Torre de Vilanova das Infantas, pero tamén se gravou no Cruceiro da Praza do Millo e A Bola.
- MAKING OF TERCERA OPORTUNIDAD (Patricia Prieto, 2012)
Gravado en Vilanova das Infantas e en Veiga, A Bola.
- EL QUID (Raúl García & Bruno Nieto, 2013)
Webserie de cine negro rodada en varias localizacións celanovesas.
- INTO A CUBE (Rubén Kao & Xudit Casas, 2013)
Gravado en varios establecementos de Celanova e Vilanova das Infantas.
- RODANDO EN CELANOVA. EXPERIENCIAS (Xudit Casas, 2014)
Gravado en varios emprazamentos da vila celanovesa.
- MIL SORRISOS & UN PERDÓN (Bruno Nieto, 2015)
Documental que conta a historia de Daniel Fernández, víctima dun accidente na estrada e gravado en Cartelle e Celanova.
- LOOKING FOR BILL VIOLA (José Rivela & estudiantes del IES Celanova, 2015)
Homenaxe a Bill Viola, onde a fonte da Praza Maior ten forte presenza.
- VENTO FERIDO (Miguel Grandío, 2015)
Mediametraxe nacida no obradoiro audiovisual do CeMAC, o Curso de Medios Audiovisuais de Celanova.
- SHARE O NO SHARE (Juan Hervella-Rego 2016)
Unha parte desta curtametraxe foi gravada na igrexia de Vilanova.
- RELAX & SIESTA: TERRA DE CELANOVA (Xudit Casas, 2016)
Este traballo reflexa a paisaxe da Terra de Celanova: Verea, Quintela de Leirado, Gomesende, Ramirás, Cartelle, Pontedeva, A Merca e Celanova.
- ANACOS DE VIDA (Aser Álvarez, 2016)
Capítulo televisivo rodado no Furriolo, Castromao e Celanova, entre outros.
- FRONTEIRAS DE ENERXÍA ANIMAL (Plácido Romero, 2017)
Gravado entre A Bola e Castro Laboreiro.
- ANÓNIMO (José Rivela, Félix Rodríguez & IES Celanova, 2018)
Obra sobre o abuso escolar creado no Instituto de Celanova.
- LAS FOTOS DE LA COMUNIÓN (Rubén Méndez, 2018)
Rodada nas rúas de Celanova e nas antigas celdas do Mosteiro.
- ELISA Y MARCELA (Isabel Coixet, 2019)
Simulando as antigas rúas de A Coruña, a directora catalana rodou no Mosteiro e varias rúas da vila.
- EL DESORDEN QUE DEJAS (Carlos Montero, 2020)
Serie producida por Netflix e baseada no libro homónimo, tamén do autor celanovés e creador de Física e Química e Élite, co que gañou o premio Primavera de Novela 2016.
Se falta algún traballo na listaxe ou algunha información é incorrecta non dubides en comunicalo a ladirectoradecine@gmail.com
Agradacemento a tódalas persoas que axudaron a crear esta listaxe, tanto coas súas obras como con información sobre elas.