Eu e o galego | Día das Letras Galegas

Seica de pequena sabía falar pero non o facía por vergoña. Que lingua falaba? Non o sei. Na casa falábanme galego. Co tempo, eu falaba castelán. Supoño que foi cousa herdada no colexio.

Cos anos, recordo un día que intentei dicir unha frase en galego a unha amiga que sempre o falaba e fala, misturei demasiado castrapo e outra “amiga”, moi ruín ela, mofouse moito de min. Vergoña de novo.

Foi sobre principios do milenio cando decidín falar galego. Ao grande. Asistía a un curso de vrau en Celanova dun tema que me interesaba, pois os meus estudos nesa época ían nesa liña. Obrigueime a facer as preguntas en galego, diante de todo o mundo. Sei que fun unha pesada para o resto, mais interesábame o tema e propúxenme preguntar dúbidas en galego, fose como fose e diante de bastantes persoas.

Dinme conta que son moi perfeccionista, gústame falar outras linguas, a fonética dáme moita curiosidade, sen embargo non me gusta falalas mal. Unha vez máis, a vergoña sempre presente. Ao dicir unha palabra mal en galego, como podía ser dicir “carreteira” e non “estrada”, aturulábame moito e trabábame. Se ben, co tempo, tamén aprendes que millor falalo ou pronuncialo mal que non facelo.

Co galego custoume moito, vivindo en Madrid, retomar a escritura. Recordo sorprenderme cunhas novas normas do galego publicadas en 2003 e eu lelas unha década despoixa. Pouco a pouco escribo e mesmo publico en galego, antes unha persoa marabillosa axudábame a corrixir os meus erros, agora xa empezo a facelo eu mesmo.

Falo perfectamente castrapo, spanglish e portuñol, gustaríame falar francés, italiano e a LSE, entre outras. Son de comunicación así que tento falar coa lingua na que me falan, sempre que a saiba e se non, inténtoo, porque se dúas persoas se queren comunicar farano aínda que non sexa na mesma lingua. Entristéceme á xente que menospreza o galego, tanto coma a que increpa a quen non o fai ou o fai mal, pois só incita ao odio ou á vergoña e, dende logo, o que menos fai e motivar ou axudar a falalo.

Graciñas a tódalas persoas que o falan, que o comparten e non se mofan de nós e, que nos axudan a facelo cada vez millor.

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s