Portada e entrevista a Xudit Casas por mor do 25N

Xudit Casas_Vida_2019O 24 de novembro do 2019 Xudit Casas é portada do suplemento Vida do xornal La Región de Ourense por mor dos seus últimos traballos audivisuais centrados na visibilización da violencia de xénero. Unha entrevista realizada pola xornalista Mónica V. Lopo que se publica a xornada anterior ao 25 de novembro que conmemora o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller.

Para ler a entrevista completa preme nas seguintes fotografías para amplialas.

Sigue leyendo

“Nunca é tarde” un vídeo sobre violencia de xénero nas mulleres maiores dirixido por Xudit Casas

O venres, 15 de novembro de 2019, presentouse en Celanova o vídeo “Non co meu móbil” interpretado por Luisa Merelas e dirixido por Xudit Casas.

Sigue leyendo

Presentación do vídeo Nunca é tarde en Celanova

Presentación Nunca é tarde

O próximo venres, 15 de novembro, terá lugar o acto de presentación do vídeo Nunca é tarde, interpretado por Luisa Merelas e dirixido por Xudit Casas. O traballo procura mostrar a violencia de xénero nas mulleres maiores do mundo rural.

O acto terá lugar no Auditorio Ilduara de Celanova cun coloquio posterior que contará coa directora, Xudit Casas; a avogada Fátima Salgado; a Secretaria de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella; o subdirector de Agader, Javier Blanco; e o subdelegado do Goberno, Emilio González.

O vídeo é unha iniciativa enmarcada dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Iniciativa do GDR Limia-Arnoia e Convenio coa Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, xestionada a través de Red Talento Consultoras.