Conxuro da Queimada | Versión feminista

Queimada feminista Celanova

Por mor do solsticio do vrau do 2018, a miña compañeira Patricia «Galo» Gómez* e mais eu decidimos levar a cabo algo ao que lle dábamos moitas voltas cada vez que facíamos unha queimada: eliminar certo sesgo machista do conxuro que tantas veces recitamos lonxe da nosa terriña.

Sigue leyendo

Celanova, plató de cinema

Celanova, anque chamada Terra de Poetas, destaca tamén polo número de cineastas e profesionais do audiovisual da localidade. É por esta razón pola que Celanova xa se ten convertido en moreas de ocasións nun plató de cinema, mais tamén para cineastas de fóra, como a recoñecida Isabel Coixet.

El bosque del lobo_Celanova
Placa situada na Rúa Emilia Pardo Bazán coa Praza Maior de Celanova.

Sigue leyendo

Celanova polo mundo | Mapa

Un día nas Canarias, Edu Conde, amigo e tamén veciño de Celanova ensinounos un edificio que levaba o nome da nosa terra natal. Fai anos que non resido alí e, cando estás fóra, cousas como estas fanche especial ilusión. Saqueille unha fotografía de recordo, pero tamén unha idea para levar a cabo, que huxe fago pública e que non ten máis finalidade que a propia curiosidade.

Edificio Celanova_SC de Tenerife_Xudit Casas
Edificio Celanova en Santa Cruz de Tenerife

Este proxecto nace para saber como se espallou o nome de Celanova polo mundo adiante: rúas, empresas, edificios, etc. Penso xusto neste edificio de Santa Cruz de Tenerife e pregúntome quen hai detrás, por que lle puxo ese nome e outras cousas produto da morriña. Se eres de Celanova, descubre no mapa ata onde chega o nome da nosa vila no mundo.

Se sabes de máis sitios e/ou tes fotos deses lugares non dubides en compartilo no correo ladirectoradecine@gmail.com ou nos comentarios desta entrada. Irei actualizando e ampliando a información pouco a pouco neste mapa.