O 27 de decembro de 2019 a sala do Dúplex de Ferrol enchíase por terceira vez dende a súa existencia. Só as películas O Que Arde de Oliver Laxe e Parásitos de Joon-ho Bong o conseguiran previamente.

Se ben, Amar en Libertad é un documental humilde e autoxestionado o mérito deste éxito tamén é dunha cidade onde o social e a sororidade importan. Logo, podemos falar dun éxito colectivo. O evento foi moderado pola xornalista Marta Corral e estivo apoiado polo Espazo Feminista Ferrol e Avanmta LGTB. Noraboa e grazas a todas as persoas, colectivos, público, medios e o cine que o fixeron posible. Debido á acollida non se descarta facer outro pase para aquelas persoas que non puideron acceder ao documental ese día.
Para máis información sobre as proxeccións de Amar en Libertad visite: http://amarenlibertad.es/proyecciones




O sábado, 21 de decembro, terá lugar a proxección do documental Amar en Libertad no Auditorio Ilduara de Celanova (AMIC), vila natal da directora Xudit Casas. O acto comezará ás 19:00 horas e haberá un coloquio posterior con Casas. A entrada é de balde ata completar aforamento.
O 24 de novembro do 2019 Xudit Casas é portada do suplemento Vida do xornal La Región de Ourense por mor dos seus últimos traballos audivisuais centrados na visibilización da violencia de xénero. Unha entrevista realizada pola xornalista Mónica V. Lopo que se publica a xornada anterior ao 25 de novembro que conmemora o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller.