Entrevista a Xudit Casas en A Xanela das Fucas

A Xanela das Fucas acercouse a sesión que se celebrou no Duplex o día 30 de Xullo de 2021, composta por cinco curtametraxes que serán presentadas polas súas directoras. Organizado por CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas) e coa colaboración do Concello de Ferrol.


Por este motivo Chelo Carbajal entrevista a Xudit Casas con quen recorda a súa visita no mes de decembro do 2019 para falar do seu documental Amar en libertad.

Podes escoitar a entrevista premendo aquí.

Amar en Liberad no programa A Xanela das Fucas

Por mor da proxección de Amar en Libertad na cidade de Ferrol, o espazo radiofónico A Xanela das Fucas dedicoulle o seu programa número 32 a falar durante unha hora con Xudit Casas sobre o documental, o poliamor e as relacións en xeral. Podes escoitar o programa completo no seguiente enlace: https://www.ivoox.com/a-xanela-das-fucas-n-32-26-12-2019-audios-mp3_rf_45890845_1.html

A Xanela das Fucas AEL

Outros medios que tamén se fixeron eco da proxección en Ferrol foi a Cadena Ser Ferrol, onde Rebeca Collado entrevistou a Xudit Casas; e os seguintes medios:

Ferrol 360: `Amar en libertad´, el innovador documental sobre `poliamor´que se estrena en el Dúplex.

La Voz de Galicia: Un polémico documental sobre el poliamor en Esteiro.