Éxito rotundo no pase de Amar en Libertad en Ferrol

O 27 de decembro de 2019 a sala do Dúplex de Ferrol enchíase por terceira vez dende a súa existencia. Só as películas O Que Arde de Oliver Laxe e Parásitos de Joon-ho Bong o conseguiran previamente.

DUPLEX FERROL AEL.jpg

Se ben, Amar en Libertad é un documental humilde e autoxestionado o mérito deste éxito tamén é dunha cidade onde o social e a sororidade importan. Logo, podemos falar dun éxito colectivo. O evento foi moderado pola xornalista Marta Corral e estivo apoiado polo Espazo Feminista Ferrol e Avanmta LGTB. Noraboa e grazas a todas as persoas, colectivos, público, medios e o cine que o fixeron posible. Debido á acollida non se descarta facer outro pase para aquelas persoas que non puideron acceder ao documental ese día.

Para máis información sobre as proxeccións de Amar en Libertad visite: http://amarenlibertad.es/proyecciones

 

 

Amar en Liberad no programa A Xanela das Fucas

Por mor da proxección de Amar en Libertad na cidade de Ferrol, o espazo radiofónico A Xanela das Fucas dedicoulle o seu programa número 32 a falar durante unha hora con Xudit Casas sobre o documental, o poliamor e as relacións en xeral. Podes escoitar o programa completo no seguiente enlace: https://www.ivoox.com/a-xanela-das-fucas-n-32-26-12-2019-audios-mp3_rf_45890845_1.html

A Xanela das Fucas AEL

Outros medios que tamén se fixeron eco da proxección en Ferrol foi a Cadena Ser Ferrol, onde Rebeca Collado entrevistou a Xudit Casas; e os seguintes medios:

Ferrol 360: `Amar en libertad´, el innovador documental sobre `poliamor´que se estrena en el Dúplex.

La Voz de Galicia: Un polémico documental sobre el poliamor en Esteiro.

Pase único de Amar en Libertad e coloquio con Xudit Casas en Ferrol

logo-duplex cinema

O venres, 27 de decembro de 2019, terá lugar un único pase de Amar en Libertad nos Duplex Cinema de Ferrol. Posteriormente haberá un coloquio coa directora, Xudit Casas. O evento estará moderado pola xornalista Marta Corral.

Para máis información sobre o horario e entradas visite: https://duplexcinema.com/gl/filmes/amar-en-libertad