Presentación do vídeo Nunca é tarde en Celanova

Presentación Nunca é tarde

O próximo venres, 15 de novembro, terá lugar o acto de presentación do vídeo Nunca é tarde, interpretado por Luisa Merelas e dirixido por Xudit Casas. O traballo procura mostrar a violencia de xénero nas mulleres maiores do mundo rural.

O acto terá lugar no Auditorio Ilduara de Celanova cun coloquio posterior que contará coa directora, Xudit Casas; a avogada Fátima Salgado; a Secretaria de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella; o subdirector de Agader, Javier Blanco; e o subdelegado do Goberno, Emilio González.

O vídeo é unha iniciativa enmarcada dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Iniciativa do GDR Limia-Arnoia e Convenio coa Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, xestionada a través de Red Talento Consultoras.

Exposición | As mulleres de Celanova

Durante o mes de marzo poderase ver «As mulleres de Celanova», unha exposición organizada por Elisa López, a responsable da Biblioteca Municipal de Celanova. A humilde iniciativa recolle a máis de trinta mulleres da zona como a primeira gaiteira galega, Áurea Rodríguez, a fotógrafa Cristina A. Pontanilla ou a cineasta Xudit Casas.

Sigue leyendo

Celanova, plató de cinema

Celanova, anque chamada Terra de Poetas, destaca tamén polo número de cineastas e profesionais do audiovisual da localidade. É por esta razón pola que Celanova xa se ten convertido en moreas de ocasións nun plató de cinema, mais tamén para cineastas de fóra, como a recoñecida Isabel Coixet.

El bosque del lobo_Celanova
Placa situada na Rúa Emilia Pardo Bazán coa Praza Maior de Celanova.

Sigue leyendo

Celanova polo mundo | Mapa

Un día nas Canarias, Edu Conde, amigo e tamén veciño de Celanova ensinounos un edificio que levaba o nome da nosa terra natal. Fai anos que non resido alí e, cando estás fóra, cousas como estas fanche especial ilusión. Saqueille unha fotografía de recordo, pero tamén unha idea para levar a cabo, que huxe fago pública e que non ten máis finalidade que a propia curiosidade.

Edificio Celanova_SC de Tenerife_Xudit Casas
Edificio Celanova en Santa Cruz de Tenerife

Este proxecto nace para saber como se espallou o nome de Celanova polo mundo adiante: rúas, empresas, edificios, etc. Penso xusto neste edificio de Santa Cruz de Tenerife e pregúntome quen hai detrás, por que lle puxo ese nome e outras cousas produto da morriña. Se eres de Celanova, descubre no mapa ata onde chega o nome da nosa vila no mundo.

Se sabes de máis sitios e/ou tes fotos deses lugares non dubides en compartilo no correo ladirectoradecine@gmail.com ou nos comentarios desta entrada. Irei actualizando e ampliando a información pouco a pouco neste mapa.