Celanova, anque chamada Terra de Poetas, destaca tamén polo número de cineastas e profesionais do audiovisual da localidade. É por esta razón pola que Celanova xa se ten convertido en moreas de ocasións nun plató de cinema, mais tamén para cineastas de fóra, como a recoñecida Isabel Coixet.
Placa situada na Rúa Emilia Pardo Bazán coa Praza Maior de Celanova.
Un día nas Canarias, Edu Conde, amigo e tamén veciño de Celanova ensinounos un edificio que levaba o nome da nosa terra natal. Fai anos que non resido alí e, cando estás fóra, cousas como estas fanche especial ilusión. Saqueille unha fotografía de recordo, pero tamén unha idea para levar a cabo, que huxe fago pública e que non ten máis finalidade que a propia curiosidade.
Edificio Celanova en Santa Cruz de Tenerife
Este proxecto nace para saber como se espallou o nome de Celanova polo mundo adiante: rúas, empresas, edificios, etc. Penso xusto neste edificio de Santa Cruz de Tenerife e pregúntome quen hai detrás, por que lle puxo ese nome e outras cousas produto da morriña. Se eres de Celanova, descubre no mapa ata onde chega o nome da nosa vila no mundo.
Se sabes de máis sitios e/ou tes fotos deses lugares non dubides en compartilo no correo ladirectoradecine@gmail.com ou nos comentarios desta entrada. Irei actualizando e ampliando a información pouco a pouco neste mapa.
Curta noite de pedra I | Celanova | Xudit CasasCurta noite de pedra II | Celanova | Xudit CasasCurta noite de pedra III | Celanova | Xudit CasasCurta noite de pedra IV | Celanova | Xudit CasasCurta noite de pedra V | Celanova | Xudit CasasCurta noite de pedra VI | Celanova | Xudit Casas