En outubro de 2015, presentábase o libro «En Galego, agora e sempre» da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. Nel recóllense as mandas testamentarias dun cento de ourensáns e ourensás, entre os que figuran escritores/as, historiadores/as, investigadores/as ou representantes políticos/as, entre outros/as.

A Directora de Cine, Xudit Casas, tamén colabora no libro co seguinte texto:
«Co galo destas verbas, cavilei moito sobre a miña evolución cos idiomas. Lémbrome de cativa aturar mofa por tentar falar en galego, tamén do lado oposto, mesmo a día de “huxe”, porque ando sempre a morar entre diversas terras.
E por “iso”, que como amante da miña terra e idiosincrasia, da miña paixón pola comunicación, acho que o fin último de toda relación é o entendemento mutuo. Na miña experiencia persoal, tento traballar o respecto e a tolerancia, a miña derradeira decisión foi -e será- falarlle a persoa que teño diante na lingua que ela escolla, sempre que a coñeza, aínda que sabemos que, sen termos a mesma linguaxe, dúas ou máis persoas vanse entender entre elas, se así o desexan.
Sempre adorei a lingua veciña, a portuguesa ou, o galego da costa occidental, con ese fermoso seseo e gheada, non acado en comprenderes o uso destas -e outras- fermosas ferramentas comunicativas como ataque de exclusión e, máis, cando temos sona de ser un pobo xeneroso, solidario, acolledor e hospitalario.
Ora que, como crente na autocrítica, aproveito este manifesto para pedirlle á xente que, o galego, a lingua do noso pobo e familia, sexa máis inclusivo. Como galega, a nosa sociedade e, por ende, a nosa lingua -máis ou menos reintegracionista, ó gusto de quen le- segue a servir ás correntes patriarcais que se impoñen nun mundo onde se antepoñen cousas banais antes ca Natureza -humana, animal ou vexetal-. E, por “iso”, que a miña última arela é trocar e, que a miña lingua, sexa paterna, mais tamén materna.
Onde as mulleres galegas poidamos sentirnos parte desa cultura a que desexo pertencer. Emporiso, hai que traballar e mudar costumes moi arraigadas, tanto mulleres coma homes. É un camiño arduo e, polo que se atinxe, moi lonxano. Con moita tristura, semella que non vivirei para ver ó remate deste vieiro, a non ser que vós e nós queiramos.»
Loved reading this thank youu
Me gustaMe gusta
You’re welcome! Thank you for reading it.
Me gustaMe gusta